Esta experiencia é clave na construcción da cultura galega contemporánea e este traballo achegase a ela polo seu lado máis sólido e ainda menos exploradoa súa consideración como industria do deseño: gráfico, de obxetos, de máquinas e incluso de edificios. A arquitectura foi uhna das pasións de Isaac Díaz Pardo, non é inxustificada a distinción que lle fixemos os arquitectos de Galicia recentemente ó nombralo Colexiado de Honor. Nunca máis xustificada que a este constructor nato e permanente inspirador e colaborador de arquitecturas cos máis notables arquitectos galegos. Agora o Colexio de Arquitectos de Galicia presenta este traballo de Xosé Díaz, Luis Muñoz e Juan Rodríguez como un novo achegamento -e que sen dúbida non será o último- á dimensión de deseñador industrial de Díaz Pardo e a experiencia actual de Sargadelos